miércoles, 22 de marzo de 2017

O amor eterno de Rozabales


Como xa vai sendo costume, un mércores máis fixemos animación á lectura na biblioteca Oitopés. O profe Beni leunos un anaco da obra "O amor eterno de Rozabales" unha verdadeira historia de amor que nos chegou da manda da Deputación de Ourense co motivo da celebración da 3ª semana escolar da árbore e da auga, unha iniciativa na que, como xa sabedes, está a participar o noso centro.
Ademais de lernos a historia, o profe Beni tamén nos falou dos motivos polos que debemos aforrar auga e cousas que podemos facer na casa para axudar nese sentido. Tamén nos falou de Pumbariños, unha árbore que sae no conto e que, existe de verdade! Se queres saber como chegar dende Astariz fai clic na imaxe

Como chegar dende Astariz

Ao rematar todos tivemos un agasallo, o libro! Agora toca ler! Ademais, o venres tamén plantaremos a nosa árbore e entre todos lle poremos nome a través dun sorteo. Tamén faremos a nosa propia fraga chea de árbores.

Podedes acceder á galería de imaxes facendo clic na seguinte.
Galería de imaxes de "O amor eterno de Rozabales"
 Se o preferides podedes ver o vídeo do noso canal de Youtube.


Seguiremos informando!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.