martes, 30 de mayo de 2017

Aarón recolle o seu premio!

 Esta semana Aarón acompañado pola súa nai e pola mestra Maví fixo unha viaxe moi emocionante a Madrid para recoller o premio polo seu debuxo presentado ao concurso do "Defensor del Pueblo". Non te perdas a pequena galería de imaxes dese día. 
Galería de imaxes da recollida de premio do "Defensor del Pueblo" 
Tampouco te podes perder a información que dá a páxina oficial sobre a recollida de premios. A que esperar para facer clic na imaxe e acceder?
Páxina do "Defensor del Pueblo"





viernes, 26 de mayo de 2017

4º Semana da froita

Nesta semana o noso alumnado desfrutou de deliciosos manxares: froita con chocolate, zumes de laranxa, bolas de sandía e melón e por suposto da froita que escollían na tenda do cole.

Non te perdas a galería de fotos do evento:
Galería de imaxes da 4ª semana da froita

Tamén podedes ver o vídeo dos días desta semana no noso canal de Youtube.


jueves, 25 de mayo de 2017

Saída de Educación Infantil


A aula de educación infantil do CEIP Castrelo de Miño hoxe tivo a saída ao teatro para ver Gatuxo, unha bonita obra baseada no libro do mesmo nome acompañada de música, pode haber mellor combinación? 
Gatuxo en youtube
Despois demos un paseo ata a Praza Maior onde collemos o tren Chuchú que nos levou ata Outariz; alí  xogamos ao cuberto, porque coa que estaba a caer! pero con humor e xogos dá igual onde te atopes e o tempo que faga.
Finalmente volvemos para o cole coa gran axuda de César e Maribel, moitas grazas por axudarnos e vir con nós! 
Non te perdas a galería de imaxes deste día tan animado!
Galería de imaxes da saída de Educación Infantil
Se queres vivir ese día case case coma nós, non deixes de ver o vídeo no noso canal de Youtube.


viernes, 19 de mayo de 2017

Excursión por Castrelo de Miño

No noso Centro Educativo hoxe foi un día moi especial! Fomos de visita a varios lugares do Concello: a Igrexa de Santa María, un tramo do camiño Miñoto-Ribeiro e o Club Náutico.  
Ademais, non Club Náutico tivemos a oportunidade de decorar unhas bonitas pedras e de ver unha pequena exposición e ata nos deron un diploma!

Non perdades esta aventura facendo clic na galería de imaxes do evento.

 Galería de imaxes da excursión por Castrelo de Miño
Se o preferides podedes ver o vídeo no noso Canal de Youtube será case como se viñerades con nós.

Non te perdas tamén a entrada do Concello de Castrelo, teñen unhas bonitas fotos do noso alumnado traballando ben duro!
Páxina do Concello de Castrelo de Miño
 

jueves, 18 de mayo de 2017

Letras galegas curso 2016/2017

Un ano máis celebramos as Letras Galegas no CEIP de Castrelo de Miño. Este ano foi adicado a Carlos Casares Mouriño. O noso alumnado puido aprender moito da súa vida e obra, tamén do motivo da celebración das Letras Galegas. 
 Páxina do Seminario Galán
Un día inesquecible! cheo de sorpresas e tamén de premios, si, si, premios! porque no noso centro organizouse un concurso no que as mellores galiñas azuis realizadas polo noso alumnado foron premiadas. Que non sabes quen é a Galiña Azul? a máis famosa das Galiñas protagonista do xa citado autor.

Non te perdas este bonito día accedendo á galería de imaxes facendo clic na que segue.

 Galería de imaxes do día das Letras Galegas
Se o prefires, podes ver o vídeo no noso canal de Youtube.


martes, 16 de mayo de 2017

Xogos populares

No noso centro o alumno puido desfrutar dunha xornada de xogos tradicionais: a ra, a chave, a pita cega... Non te podes perder a galería de fotos deses días!

 Galería de imaxes dos xogos populares



viernes, 12 de mayo de 2017

Esteban e José Manuel finalistas nacionais no concurso da ONCE

Efectivamente! Temos que dar parabéns a Esteban e Jose Manuel porque foron finalistas a nivel nacional no concurso da ONCE! o traballo ten sempre a súa recompensa. Ben feito!


Aquí tedes o cartel co que participaron para que refresquedes a memoria. Podedes accder a web da ONCE facendo clic na imaxe para ver o resto de gañadores e finalistas.

Páxina da ONCE
Seguiremos informando!

miércoles, 10 de mayo de 2017

Participamos no concurso de Manos Unidas

O alumnado do CEIP de Castrelo de Miño vén de participar no concurso de "Manos Unidas" tanto con debuxos, poesías e relatos curtos. Non deixan de sorprendernos coa súa creatividade! Non te podes perder a galería de imaxes coas súas obras. A que esperas para acceder facendo clic?

 Galería de imaxes do concurso de Manos Unidas

martes, 9 de mayo de 2017

Premiado no concurso da Muralla de Lugo.


Unha vez máis somos moi afortunados! o esforzo do noso alumnado viuse recompensado. María Armada  a nosa alumna de sexto de primaria vén de gañar o primeiro premio no apartado de relatos do concurso da Muralla de Lugo. Ademais, outra alumna de sexto, Ainhoa Couceiro, foi finalista na sección de debuxos. Son varios os medios que publicaron esta boa nova como podedes ver nas fotos que seguen.


Facede clic na imaxe que segue para ver un pequeno vídeo no que o xurado observa os debuxos

Vídeo de El Progreso

Pero non remata aquí... María tamén foi unha das 20 finalistas da súa categoría no concurso "Deseña unha xoia para túa nai". En total houbo 80 finalistas, tendo en conta todas as categorías, entre máis de 10000 debuxos! Moi bo traballo María. Podedes ver aquí o seu deseño da xoia e unhas fotos do día do evento.





Parabéns as dúas!

domingo, 7 de mayo de 2017

Aarón entre os gañadores do concurso dos Dereitos Humanos

 
Unha vez máis estamos de noraboa! o noso alumno Aarón foi premiado no concurso dos Dereitos Humanos organizado polo "Defensor del Pueblo". Podes ler a noticia nos medios facendo clic la imaxe que segue
Enlace de la Región

 
Non perdas ocasión de ver os debuxos que realizara o noso alumnado 
Galería de fotos dos debuxos Dereitos Humanos




miércoles, 3 de mayo de 2017

Animación biblioteca: Eu non fun!

E non falta nin unha soa semana na que a nosa biblioteca estea do máis animada. Este mércores Ánxela, a nai do noso alumno Anxo de Educación Infantil, veunos a contar unha historia que fixo "picar" e mooooito! a curiosidade do noso alumnado. Trátase da obra "Eu non fun!" de Christian Voltz.

Os nosos nenos e nenas desfrutaron moito do seu relato e menos mal que contaba coa axuda do seu gran axudante! Anxo. Xuntos fixéronnos pasar unha boa e animada tarde. Deixámosvos o enlace a galería de imaxes.
Galería de imaxes da animación biblioteca "Eu non fun!"
Ademais, tamén tedes o vídeo da súa intervención para que desfrutedes coma nós do seu relato.



Grazas Ánxela e Anxo por animarvos a compartir con todos nós esa historia!