lunes, 17 de diciembre de 2012



O pasado xoves día 13 visitounos a Televisión de Galicia. Foi un día estupendo para tod@s e ademais felicitáronnos pola colaboración co Concello o cal obtivo un premio  a nivel nacional cun proxecto para UNICEF.

Puxémonos un pouco nervios@s na entrevista, pero o resultado na tele foi espectacular.
Aprendemos a importancia
 dunha alimentación saudable.  
                                                        

A cociñeira é moi importante por iso tamén a entrevistaron e... ¡Ata meteron a cámara na cociña!

 
Foi un día especial e tod@s disfrutamos moitísimo, ademais o importante é que colaboramos para unha boa causa.
 
           
                                                             

domingo, 4 de noviembre de 2012

Presentamos a nova mascota da Biblioteca Escolar,  chámase OITOPÉS, e agardamos que nos acompañe moito tempo nas distintas actividades que se propoñan dende a biblioteca. Desexamos que vos guste moitísimo.


sábado, 3 de noviembre de 2012

Benvidos o novo blog da biblioteca escolar

Este é novo blog da biblioteca do colexio, espero que sexa do voso agrado e que entredes para enterarvos das novas que pasan no cole.