jueves, 23 de febrero de 2017

Entroido 2017



E chegou o Entroido! unhas das festas máis divertidas de todo o ano no que don Carnal fai por fin a súa aparición. O noso alumnado, como non podía ser doutro xeito, desfruto deste día. Puxeron os máis variados traxes.

Podedes acceder a nosa galería para ver as imaxes facendo clic na imaxe

https://goo.gl/photos/aa7TCNGqzHk6KnNy6

Ademais, podedes ver o vídeo que realizamos coas lembranzas dese día. Tamén veredes como lle cantamos a Mariángeles que xa cumpriu un aniño máis. Parabéns!


 

martes, 21 de febrero de 2017

Animación biblioteca "El castillo encantado"





Nesta nova iniciativa da biblioteca oitopés todo o mundo se anima a participar. O noso alumnado non ía ser menos, por iso Miguel elaborou unha misteriosa historia que entretivo a grandes e pequenos.
 Animación Biblioteca "El castillo encantado"

Aquí deixamos uns poucos segundos do que foi a súa intervención.




Ademais, se queredes ler a súa historia podedes descargala facendo clic na imaxe.
Enlace texto "El castillo encantado"
 
Que todo o mundo se anime a participar!
 

jueves, 16 de febrero de 2017

San valentín curso 2016/2017

O alumnado do noso centro educativo recibiu un bonito agasallo no día do amor unha saborosa torta de gominolas.

Podedes ver máis imaxes facendo clic na imaxe.
Galería de imaxes de San Valentín

miércoles, 15 de febrero de 2017

Animación biblioteca: "El Punto" Peter H. Reynolds




  Como xa sabedes, dende o CEIP de Castrelo de Miño en prol de conseguir unha boa animación á lectura, decidimos instaurar neste ano a iniciativa de que calquera membro da comunidade educativa se puidese achegar a compartir con todo o centro algún: conto, historia, anécdota... Aquí podedes ver a nota que se vos pasou en relación con ese tema:

 
Pois esta semana xa comezaron as lecturas! A Nosa compañeira Mayte leu un libro titulado “El Punto” de Peter H. Reynolds. Ademais, algo misterioso pasou no noso centro... comezaron a aparecer puntos por todas partes! Se queres descubrir máis accede a nosa galería de fotos facendo clic en calquera das imaxes.
 
Galeria de foto de "El Punto"

https://photos.google.com/album/AF1QipOtt-yZi_1n1DyAB-uNGtZqzcWloDw7-9Y2e4mY 


Se o preferides, podedes visualizar o vídeo que realizamos do evento


Tamén vos deixamos a foto dun bonito mural realizado con todos os traballos do alumnado a partir desta fermosa historia.
 
Que todo o mundo se anime a participar! xa temos unha longa listo de voluntarios e voluntarias. A que estás esperando?

jueves, 9 de febrero de 2017

O sabor da aventura está no mar curso 2016/2017

Un ano máis o CEIP Castrelo de Miño participou nesta interesante iniciativa na que, por un día, o mar chega ata o noso centro. Así coas axuda dos arroaces o noso alumnado descubriu un montón de información sobre a riqueza do mar e de como poder preparar eses manxares.

Podedes ver as fotos dese día facendo clic na imaxe.

Galería de "O sabor da aventura está no mar"

Se queres coñecer máis información sobre esta iniciativa, descargar materiais etc podes acceder á paxina web da iniciativa premendo na imaxe.


Páxina web de O sabor da aventura está no mar



miércoles, 8 de febrero de 2017

Semanas de froita curso 2016/2017

 
Un ano máis comezamos coas semanas da froita. O noso alumnado desfrutou de froita variada presentada de maneira divertida. Podedes ver a galería de fotos facendo clic na imaxe.



https://photos.google.com/album/AF1QipOzEcjdVMwiB8ZBqe-3bvU9iRLcpCSSf_COaJzV


Se o preferides podedes visualizar o vídeo que realizamos.







E xa sabedes... 5 ao día!

miércoles, 1 de febrero de 2017

Cartas de Paz


E chegou o día! hoxe recibimos no noso centro a unha carteira moi especial. A nosa compañeira Esther trouxo unhas bonitas cartas realizadas polo alumnado do CEIP Otero Novas de Cortegada. Todo o noso alumnado está moi agradecido por tales detalles! Encantáronlle dende os sobres, auténticas obras de papiroflexia, ata o seu fermoso contido.

Podedes acceder a galería de fotos da entrega facendo clic na imaxe.

Galeria das cartas da Paz achegadas dende o CEIP Otero Novas

Ademais, podedes ver o vídeo que realizamos que recolle ese emocionante momento! 

 






II Concurso de Nadal da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC

II concurso de Nadal
Estamos de noraboa! dous membros do noso alumnado veñen de gañar sendos premios no II Concurso de Nadal da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC.

O gañador da categoría dos máis novos foi Álvaro Manuel Limia de Paula, de 8 anos, polo seu traballo Os verdadeiros superheroes; na categoría de 9 a 13 anos, María Armada Fontenla (11 anos) gañou con Breve historia dos legumes.

Aquí tedes o debuxo de Álvaro
 Aquí tedes o debuxo de María

Ademais podedes ver a galería de fotos do resto de debuxos parcipantes do noso alumnado facendo clic na imaxe.

Galería de imaxes do concurso de Nadal