jueves, 27 de abril de 2017

3ª Semana da froita

E xa van 3! unha nova semana de comer boa froita e das máis variadas maneiras. Xa sexan decoradas con delicioso chocolate,  en batidos mmmmmm, non se pode tomar mellor merenda a media mañá. E é que comer ben pode ser moi divertido sobre todo en boa compaña.

Esperamos que vos gusten as ideas que podedes ver no álbum de fotos.
Galería de imaxes da 3ª Semana da Froita

Ademais, non podedes perdervos o vídeo montaxe da semana. Esperamos que vos encante! 

miércoles, 26 de abril de 2017

Día do libro


Hoxe foi un día de moitas emocións no CEIP de Castrelo de Miño, e non podía ser doutro xeito! porque celebrámolo día do libro no noso centro. Houbo unha gran cantidade de actividades ao longo de todo o día. 

Comezamos a mañá compartindo entre todo o alumnado os libros que cada un deles trouxo ese día ao centro. Ademais, o alumnado máis veterano explicounos porque se celebra o día do libro o 23 de abril (data orixinal da celebración que caeu en domingo este ano).
  Tamén cantamos todos xuntos a canción de Bob Dylan - Knockin On Heavens Door, podes escoitala aquí.
 
Xa pola tarde tivemos unha moi esperada visita! Carmen a nai da nosa alumna de infantil co mesmo nome acudiu ao centro para lernos unha historia do máis aterradora! "La máscara"


Despois da súa intervención o alumnado de sexto, Noa, Miguel e María interpretaron a bonita historia de "Avós"



 
Logo desas entretidas lecturas, tocaba pasalo en grande fóra da biblioteca pintando divertidas máscaras de lobo e marcapáxinas. Que sorte tivemos que o día nos acompañou.

Pero o día non rematou aí, aínda tivemos máis sorpresas. O noso alumnado recibiu cadanseu agasallo.
 
Como vedes foi un día que nunca esqueceremos, cheo de sorpresas e diversión. Non vos perdades a galería de fotos dese día, facendo clic na imaxe.

Galería de imaxes do día do libro
Ademais, deixamos aquí un vídeo que recolle todas as actividades que vos relatamos. Queremos agradecer especialmente a participación da nai de Carmen nun día tan especial.

 Moitas grazas Carmen volve cando queiras!






viernes, 21 de abril de 2017

Recollemos o 2º premio de clipmetraxes de Manos Unidas


Estamos de celebración! o noso centro vén de recoller o 2º premio de clipmetraxes organizado por "Manos Unidas". O pasado venres 21 de abril. Todo o alumnado participante se trasladou a Santiago de Compostela ao salón de actos da "Compañía de María" para asistir á final autonómica.


Os medios fixeron eco desta gran final podedes velo no seguinte enlace.
http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/creatividad-compromiso-final-clipmetrajes-ong-manos-unidas/idEdicion-2017-04-22/idNoticia-1051866/ 
As emocións estaban a flor de pel en todo o salón de actos. Non deixedes de ver o vídeo do evento para vivilas tal e como nós o fixemos.


Tampouco vos perdades a galería de fotos dese día
Galería de imaxes da recollida do 2º premio de Manos Unidas

viernes, 7 de abril de 2017

Na procura dos ovos de Pascua

Esta tarde  non CEIP de Castrelo de Miño tivemos moitas sorpresas! Apareceron unha gran cantidade de ovos de chocolate agochados por todas partes! Grazaz ao noso alumnado puidemos atopalos, todos todiños! Non vos podedes perder o vídeo desta gran aventura.

 

Dende o CEIP de Castrelo de Miño desexamos que teñades unhas moi boas vacacións de Semana Santa.

Animación biblioteca: "Dóeme a lingua!

E seguimos animando! desta vez foi Carla, alumna que estivo en prácticas este ano no noso centro, a encarga de compartir con nós unha bonita historia. Trátase da obra "Dóeme a lingua" unha divertida historia de porque ás veces sacar a lingua pode non estar mal
 
Podedes acceder á galería de imaxes do evento facendo clic na imaxe que segue
Galería de imaxes da animación biblioteca "Dóeme a lingua"

Ademais, como xa é costume tamén vos deixamos un vídeo no que podedes ver como todo o alumnado desfruta coa historia relatada por Carla.

 
Grazas Carla por volver a visitarnos, esperamos  verte de novo moi pronto!

Concurso Dereitos Humanos Defensor do Pobo


O alumnado do CEIP de Castrelo de Miño vén de participar no concurso dos Dereitos Humanos organizado polo Defensor do Pobo. Para obter máis información sobre o concurso facede clic na imaxe que segue.
Web do Defensor do Pobo

Ademais, non vos podedes perder as bonitas creacións do noso alumnado. Esperamos que vos gusten!
Galería de imaxes do concurso do Dereitos Humanos

jueves, 6 de abril de 2017

Recollida de premios do concurso Estatuto de Autonomía

Unha vez máis estamos de parabéns! tres membros do noso alumnado veñen de recoller en Ourense o premio por ser unha das gañadoras da cuarta edición do Premio Estatuto de Autonomía de Galicia de debuxo e redacción escolar da Deputación de Ourense. Lucía, Marta e Noa foron as afortunadas, parabéns! A boa nova foi compartida tamén polo Concello de Castrelo de Miño e pola propia páxina da deputación. Facede clic nas imaxes para acceder ás páxinas coa información dos respectivos medios

Aquí podedes ver a nova na páxina do Concello de Castrelo de Miño

Páxina do Concello de Castrelo de Miño
 Aquí podedes ver a nova na páxina da Deputación de Ourense
Páxina da Deputación de Ourense
 Non perdades tamén a galería de fotos.
Galería de imaxes da recollida de premios