viernes, 24 de marzo de 2017

Día da árbore curso 2016/2017

O día de hoxe ás 12:00 horas no CEIP de Castrelo de Miño asistimos a un importante nacemento. Con motivo da 3ª Semana Escolar da Árbore e da Auga, organizada a través da Deputación de Ourense, plantamos a fermosa árbore que nos facilitaron. Ademais, tamén lle puxemos un fermoso nome. Todo o alumnado fixo a súa proposta, posteriormente metémola nunha caixa para realizar un sorteo. O escollido foi...... "BORA", a proposta do alumno de Educación Infantil Daniel

Gracias Daniel por ese fermoso nome! Esperamos que Bora medre e medre para darnos boa sombra.

Por outra banda, tamén con motivo da celebración do día da árbore e dentro da animación da biblioteca Oitopés, cada un de nós colaborou na creación dun mural en relación coa obra lida este pasado mércores: "O amor eterno de Rozabales". Todos xuntos fixemos unha bonita fraga para Ximena e Miguel, os namorados da  historia.

Podedes ver a galería de fotos do día da árbore facendo clic na imaxe que segue.
Galería de fotos do día da árbore curso 2016/2017
Se o preferides tamén podedes ver o vídeo que realizamos do evento no noso canal de Youtube.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.