martes, 31 de enero de 2017

33º Concurso escolar da ONCE

Web do 33º Concurso da ONCE


O noso alumnado vén de participar no 33º concurso da ONCE baixo o lema de somos diferentes non indiferentes. Aquí tedes os tres carteis participantes. Iremos informando coas novas.





Podedes descargar ou ver os carteis con mellor calidades na nosa galería de fotos
Galería de fotos Concurso da ONCE

lunes, 30 de enero de 2017

Día da Paz curso 2016/2017



Un ano máis chegou o día da Paz! dende o CEIP de Castrelo de Miño celebrámolo dunha maneira moi especial. Compartimos, de maneira dixital e a través de Skype, este marabilloso evento co CEIP Otero Novas de Cortegada.

Dende ese centro déronnos un montón de información sobre Malala, Premio Nobel da Paz do ano 2014. Nós, pola nosa parte, explicámoslle a orixe deste fermoso día e adicásmolle un bonito poema.

Para rematar, o noso alumnado elaborou bonitas mensaxes para o dese centro, farémolas chegar a través dunha pomba moi especial. Sabemos de boa tinta que dende ese centro tamén van achegar algunha que outra cousiña! Así que... grazas xa por adiantado!

Podedes ver a galería de imaxes deste día facendo clic na imaxe

Galería de fotos do día da Paz do curso 2016/2017


Ademais, como xa é habitual, deixamos un pequeno vídeo para que desfrutedes case tanto coma nós das actividades dese día.

Vídeo Youtube do día da Paz do curso 2016/2017



martes, 24 de enero de 2017

Educación vial

Un ano máis chega ao noso centro un auténtico circuito para poñer en práctica os coñecementos sobre seguridade vial do noso alumnado. Así, montados en patíns e bicicletas realizaron o percorrido elaborado polo equipo que nos visitou.

Podedes ver as fotos do evento facendo clic na imaxe.

Galería Educación Vial
Ademais, se queredes poñer a proba os vosos coñecementos sobre educación vial recomendamos que probedes a realizar o seguinte test.

 Test Educación Vial
Por outra banda, se estades interesados en máis información sobre a educación vial podedes visitar a seguinte páxina premendo na imaxe.

Recursos e información educación vial



viernes, 13 de enero de 2017

Saída 5º e 6º de EP



Freaky
O 13 de xaneiro o noso alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron unha saída moi especial. Acudiron a ver a obra de "Freaky". A obra afonda no problema do acoso infantil a través dun neno que o resto ve diferente e raro pola súa forma de vestir e a súa timidez. Chega a época dos campamentos de verán e todos l@s pequeñ@s aparentan divertidos e animados, menos un neno, algo triste, calado e vestido de negro, que sente un "freaky"?. Pero resulta que ese neno ten un sorprendente don, baila como ninguén! No Festival do campamento vai demostrar...
Despois de ver esa obra o alumnado tamén desfrutou da pista de patinaxe sobre xeo do centro comercial Ponte Vella.
Podedes ver as fotos dese evento facendo clic na imaxe que segue.
Galería de fotos da saída de 5º e 6º de EP