jueves, 22 de diciembre de 2016

Festival de Nadal 2016



  Galería de fotos do Festival de Nadal 2016

Dende o CEIP Castrelo de Miño queremos desexar a toda a comunidade educativa un Bo Nadal e un feliz Aninovo. Ademais, como non podía ser doutro xeito, queremos compartir con todos vós o marabilloso festival que celebramos o 21 de decembro. Podedes ver un vídeo no noso canal de Youtube e acceder á galería das fotos. Por último, tamén agradecer ao Concello por esa magnífica contacontos que animou ao noso alumnado, grazas!

Accede á galería de fotos facendo clic na imaxe.
Galería de fotos do festival de Nadal 2016


Aquí podedes ver o vídeo do festival de Nadal.


Queremos compartir tamén con vós o vídeo de "Lembranzas", con fotos e vídeos do curso académico 2015/2016, que se visualizou ao final do festival. 



Esperamos que vos encante todo este material!

Bo Nadal e Feliz Aninovo!

viernes, 2 de diciembre de 2016

CONCURSO GIOTTO "ERES TU", JUNTOS POR UN FUTURO DE COLORES!

Presentámonos a este concurso que leva como obxectivo traballar o dereito de todos/as á educación con este precioso mural feito polos alumnos/as do colexio. O noso lema é "La educación llena tu vida de color"  




GAÑADORES DO CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL "INFANCIA MISIONERA"

Os alumnos María e Diego acadaron o 1º e 2º premio do concurso de tarxetas de Nadal. O vindeiro día 9 de Decembro recollerán os premios na sede da Infancia misioneira de Ourense. As dúas tarxetas viaxarán a Madrid para competir coas outras tarxetas seleccionadas das demais dióceses. Esperaremos...

Estas son as postais gañadoras:



María
Diego

CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL " INFANCIA MISIONERA"

Como estamos preto do Nadal, este ano participamos por 1ª vez neste concurso que nos pareceu moi interesante!!!


























PREMIOS DO XXXIII CONCURSO DA CONSTITUCIÓN 2016

Estamos de noraboa!!!


Marta, Diego e Noa, foron premiados no concurso da Constitución. O próximo Martes ,día 6 de Decembro temos unha cita no Auditorio de Ourense. Xa de volta contarémosvos o que aconteceu...



De Diego

De Marta

De Noa

miércoles, 16 de noviembre de 2016

MAGOSTO NO C.E.I.P. DE CASTRELO DE MIÑO 2016


Un ano máis no noso centro celebramos o Magosto como ten que ser, con ilusión e boas castañas. Todo o alumnado participou na creación de materiais para esta fermosa data. Aquí vos deixamos unhas lembranzas dese bonito día e por suposto un vídeo!




mmmm que ricas castañas!

Así dá gusto! todo o alumnado de infantil traballando.







Así campaba o alumnado de infantil

O alumnado de Primaria traballou moi duro

A que nunca virades un tres en raia tan magosteiro?



As bolsiñas de papel para gardar as castañas




O xantar estaba moi bo!





                            Os nenos de Infantil fixemos a pescuda do tesouro!



O tesouro estaba entre ourizos e follas!



Tiña grandes tesouros!

                           O alumnado de Primaria tivo unha xincana moi divertida......




Xogando á pita cega



Tiñan que ir collidos das mans





 Houbo premio para todo o alumnado!