lunes, 9 de diciembre de 2013

O CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO TIVO UNHA VISITA MOI ESPECIAL


O  alumnado  de 4º, 5º e 6º foi  invitado á exposición itinerante "Memorias dun neno labrego", onde o seu autor Xosé Neira Vilas nos recibiu  cun gran sorriso.



As  nenas  e  nenos  do  colexio  tamén  lle  tiñamos  preparada  unha  pequena  sorpresa,  un  rap  moi  moderno  sobre  o seu  libro  Memorias  dun neno labrego  e   un   pequeno   poema. A  Neira  Vilas  gustoulle  moito  e   ata  votou   unha   risada.


Como  despedida   adicounos  o  libro  que  cada  un  levaba  e  tamén  dous   exemplares  da Biblioteca  Oitopés. ¡Todo  un   agasallo!

lunes, 11 de noviembre de 2013

O PRIMEIRO DIA DE COLE

O primeiro  día  de  colexio  foi  toda  unha  sorpresa.......




O comedor estaba moi bonito, pintado de cores  CHULÍSIMAS.

No patio xogamos moito para que os nenos e nenas novos  no   colexio   nos  coñecesen  mellor  a todos.



 Tamén  fixemos moitos debuxos sobre as nosas vacacións de verán  que tiñan que  encaixar  nun  puzzle  XIGANTE. 
Ollade  que  ben  quedou.











miércoles, 19 de junio de 2013

RECREO   NO   COLE

No patio de recreo do noso "cole" pasámolo moi ben xogando, pero non só xogando, senon tamén construindo.

 


 






Ademais vemos moitos animais e observamos o que fan. Dicirvos que procuramos non mancalos nin asustalos, a estas alturas do curso que está a piques de rematar xa sabemos que DEBEMOS RESPECTAR A NATUREZA.







jueves, 2 de mayo de 2013

NO C.E.I.P DE CASTRELO DE MIÑO SOMOS UNS GAÑADORES


Felicidades  a dous alumnos do noso centro por acadar un premio no concurso Deseña unha xoia para a túa nai, organizado polo Colexio de Xoiaría. E por suposto a todos os alumnos e alumnas que participaron cos seus deseños. Tamén como non, a todas as mestras e mestres que fixeron que esto fose posible.


Os premios entregáronse o martes día 30 de abril no Auditorio de Galicia, nun acto presidido por Alberto Núñez Feijóo.
¡¡Os nosos parabéns!!






    



 



  


 

viernes, 12 de abril de 2013

NO   COLE   COMEMOS   MOITA   FROITA

Durante este curso o cole participa nun programa grazas ao cal  temos a oportunidade de saborear froitas e tomalas de maneiras diferentes.

VEDE: