lunes, 9 de diciembre de 2013

O CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO TIVO UNHA VISITA MOI ESPECIAL


O  alumnado  de 4º, 5º e 6º foi  invitado á exposición itinerante "Memorias dun neno labrego", onde o seu autor Xosé Neira Vilas nos recibiu  cun gran sorriso.



As  nenas  e  nenos  do  colexio  tamén  lle  tiñamos  preparada  unha  pequena  sorpresa,  un  rap  moi  moderno  sobre  o seu  libro  Memorias  dun neno labrego  e   un   pequeno   poema. A  Neira  Vilas  gustoulle  moito  e   ata  votou   unha   risada.


Como  despedida   adicounos  o  libro  que  cada  un  levaba  e  tamén  dous   exemplares  da Biblioteca  Oitopés. ¡Todo  un   agasallo!