viernes, 31 de marzo de 2017

XVII Concurso da Muralla de Lugo

 
O noso alumnado vén de participar no XVII concurso da Muralla de Lugo. Fixeron diferentes creacións tanto creativas, con debuxos das máis variadas cores, como redaccións con historias sobre a muralla. Non perdades acasión de desfrutar dos seus contos!
Podedes acceder á galería de fotos dos debuxos e historias do noso alumnado facendo clic na imaxe que segue.


Galería

miércoles, 29 de marzo de 2017

Animación biblioteca: Walt Disney

No día de hoxe Conchi, a nai da nosa alumna María, e como no a propia María faláronnos, dentro da iniciativa da animación á biblioteca, dun curioso persoeiro: Walt Disney. Ademais tamén nos falaron da viaxe de Conchi ao parque de Walt Disney en Orlando cando tiña só 18 anos.
Desmitificaron aspectos da vida do artista e director, como por exemplo en relación a súa morte, e amosaron impresionantes imaxes do parque. Unha auténtica aventura! Facede clic na imaxe para acceder á galería de fotos.
Galería de imaxes de animación da biblioteca: Walt Disney
Por suposto, fixemos un vídeo da súa exposición que podedes visualizar no noso canal de Youtube.

 

Gracias a Conchi e a María pola súa colaboración!

martes, 28 de marzo de 2017

Ponlle as pilas ao teu bocata curso 2016/2017

Un ano máis o noso alumnado puido desfrutar de saborosos bocatas da man da iniciativa "Ponlle as pilas ao teu bocata". Tras a charla todos preparamos o noso bocadillo da maneira máis saudable e saborosa. E ti? a que esperas para pórlle as pilas ao teu bocata? 
Se queres saber máis sobre esta iniciativa fai clic na imaxe que segue
Web de Ponlle as pilas ao teu bocata 

Non te perdas a galería de fotos dese día. Podes acceder facendo clic na imaxe que segue.


Galería de fotos de: Ponlle as pilas ao teu bocata
Se o prefires podes ver o vídeo subido ao noso canal de Youtube, non o podes perder!

lunes, 27 de marzo de 2017

Concurso deseña unha xoia para a túa nai curso 2016/2017

 
De novo o noso alumnado participou no concurso organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría que leva por nome "Deseña unha xoia para a túa nai". Todos os nenos e nenas que quixeron do noso centro realizaron os seus deseños dunha xoia para conseguir que as súas creacións se tornen realidade. O seu traballo xa está feito... Agora esperamos que algunha das súas creacións resulte premiada. Moita sorte a todo o alumnado. Podedes obter máis información do concurso facendo clic na imaxe que segue.
 Deseña unha xoia para a túa nai
Para acceder a galería de deseños facede clic na imaxe. Galería de fotos de deseña unha xoia para a túa nai curso 2016/2017

viernes, 24 de marzo de 2017

Día da árbore curso 2016/2017

O día de hoxe ás 12:00 horas no CEIP de Castrelo de Miño asistimos a un importante nacemento. Con motivo da 3ª Semana Escolar da Árbore e da Auga, organizada a través da Deputación de Ourense, plantamos a fermosa árbore que nos facilitaron. Ademais, tamén lle puxemos un fermoso nome. Todo o alumnado fixo a súa proposta, posteriormente metémola nunha caixa para realizar un sorteo. O escollido foi...... "BORA", a proposta do alumno de Educación Infantil Daniel

Gracias Daniel por ese fermoso nome! Esperamos que Bora medre e medre para darnos boa sombra.

Por outra banda, tamén con motivo da celebración do día da árbore e dentro da animación da biblioteca Oitopés, cada un de nós colaborou na creación dun mural en relación coa obra lida este pasado mércores: "O amor eterno de Rozabales". Todos xuntos fixemos unha bonita fraga para Ximena e Miguel, os namorados da  historia.

Podedes ver a galería de fotos do día da árbore facendo clic na imaxe que segue.
Galería de fotos do día da árbore curso 2016/2017
Se o preferides tamén podedes ver o vídeo que realizamos do evento no noso canal de Youtube.




2º Semana da froita



Ao longo desta semana  vimos celebrando a 2ª semana da froita no CEIP Castrelo de Miño. Dende mandarinas, plátanos transformados en golfiños ou laranxas maquilladas! a moitas maneiras divertidas de comer froita. Podedes ver a galería de dotos facendo clic na imaxe.
Galería de fotos da 2ª semana da froita
Tamén vos deixamos un péqueno vídeo cos mellores momentos desta semana tan froiteira. Esperamos que vos guste.

Gañadores provincias do concurso da ONCE

Estamos de noraboa. O CEIP de Castrelo de Miño vén de conseguir dous premios a nivel provincial na categoría A e na categoría B do 33º Concurso da ONCE.
Leva a Web da ONCE

Leva a Web da ONCE
Espéranos un longo camiño ata saber se pasamos á seguinte fase. Ogallá sigamos tendo sorte.

Seguiremos informando.

miércoles, 22 de marzo de 2017

O amor eterno de Rozabales


Como xa vai sendo costume, un mércores máis fixemos animación á lectura na biblioteca Oitopés. O profe Beni leunos un anaco da obra "O amor eterno de Rozabales" unha verdadeira historia de amor que nos chegou da manda da Deputación de Ourense co motivo da celebración da 3ª semana escolar da árbore e da auga, unha iniciativa na que, como xa sabedes, está a participar o noso centro.
Ademais de lernos a historia, o profe Beni tamén nos falou dos motivos polos que debemos aforrar auga e cousas que podemos facer na casa para axudar nese sentido. Tamén nos falou de Pumbariños, unha árbore que sae no conto e que, existe de verdade! Se queres saber como chegar dende Astariz fai clic na imaxe

Como chegar dende Astariz

Ao rematar todos tivemos un agasallo, o libro! Agora toca ler! Ademais, o venres tamén plantaremos a nosa árbore e entre todos lle poremos nome a través dun sorteo. Tamén faremos a nosa propia fraga chea de árbores.

Podedes acceder á galería de imaxes facendo clic na seguinte.
Galería de imaxes de "O amor eterno de Rozabales"
 Se o preferides podedes ver o vídeo do noso canal de Youtube.


Seguiremos informando!


lunes, 20 de marzo de 2017

3ª Semana Escolar da Árbore e da Auga

Ao longo desta semana no CEIP de Castrelo de Miño sumarémonos á iniciativa organizada pola Deputación de Ourense en relación á 3ª Semana Escolar da Árbore e da Auga. Este ano centran a iniciativa arredor da obra "O amor eterno de Rozabales"


 
Web da Deputación de Ourense

Dende a Deputación facilitaron documentación para o desenvolvemento desta actividade con material para os docentes e a obra literaria xa comentada. No noso centro xa colgamos o cartel publicitario.  


Seguiremos informando!

viernes, 17 de marzo de 2017

Concurso do Estatudo de Autonomía

O noso alumnado vén de participar no concurso de Estatuto de Autonomía organizado pola Deputación de Ourense. Podedes acceder a tódolos debuxos facendo clic na imaxe de abaixo.
Galería de fotos do concurso de Estatuto de Autonomía.

miércoles, 15 de marzo de 2017

Animación biblioteca "Os inventos"

Un mércores máis outro membro da comunidade educativa se animou a participar na iniciativa da biblioteca oitopés. Mari, a nai do noso alumno Jonatan, acudiu para falarnos de 4 inventos españois que sen dúbida foron unha gran achega para o ser humano. Non vos podedes perder a súa intervención!


Ademais, tamén vos facilitamos a galería de fotos do evento.
Galería de fotos da animación biblioteca "Inventos Españois"

Esperamos que vos guste! e que todo o mundo se anime a participar. 
Moitas grazas a Mari e Jonatan pola súa participación!

Concurso de Montros

 
Páxina Web do concurso 

O noso alumnado vén de participar no concurso de "Agus & Monster". Cada un deles realizou un debuxo dun monstro. Podedes ver todas as súas creacións facendo clic na imaxe seguinte.
Galería de fotos cos monstros do noso alumnado



Saída 1º e 2º de EP curso 2016/2017


Información da obra

O noso alumnado de 1º e 2º de EP onte estivo de sorte! fixeron unha saída para ver o espectáculo de Mamá Cabra "Paxaro amigo, músicas para a paz". A través da música descubriron que un mundo mellor é posible. Iso nos transmiten Mamá Cabra con esta nova obra baseada no seu libro "A Bruxa Discordia". A protagonista deste conto é esta bruxa ruín, que cre que a paz lle produce comechón por todo o corpo, por iso non quere máis ca crear discordia alá por onde vai... Pero iso un día vai mudar de súpeto!

Podedes acceder á galería de fotos dese día facendo clic na imaxe
Saída de 1º e 2º de EP curso 2016/2017

miércoles, 8 de marzo de 2017

Animación biblioteca ¡Voy a comedte!


E seguimos animando dende a biblioteca oitopés! Nun día tan importante como o día internacional da muller recibimos no noso centro a nai da nosa alumna Marta. Grazas María por animarte con esta iniciativa! O libro que nos presentou titúlase "¡Voy a comedte!. Esta obra de Jean-Marc Derouen conta as vicisitudes dun pequeno lobo con outros tres personaxes, pero... que acontece na obra? A ler!



Podedes acceder á galería de fotos do evento facendo clic na seguinte imaxe.


Galería de imaxes de "Voy a comedte" 
Ademais, se tedes moitas moitas ganas de saber de que vai o conto invitámosvos a ver o vídeo no que María e o noso alumnado nos animan con esta bonita obra. Esperamos que vos guste! 



Moitas grazas María pola túa gran colaboración!

miércoles, 1 de marzo de 2017

Concurso Manos Unidas


O noso centro vén de participar no concurso organizado por "Manos Unidas", unha bonita iniciativa para que todo o mundo se conciencie de como, a maneira na que xestionamos os alimentos ten consecuencias para todos. Podedes axudar ao noso centro vendo, compartindo e dándolle a "me gusta" en calquera dos noso tres vídeos.


Aquí tedes os vídeos realizados polo noso alumnado coa axuda do profesorado. Podedes acceder a cada un deles facendo clic na imaxe correspondentes

Vídeo realizado polo alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria:

Tu parte compartida es más vídeo de 1º e 2º de EP

Vídeo realizado polo alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria:

Tús manos hablan de ti, vídeo realizado polo alumnado de 2º e 3º de EP
Vídeo realizado polo alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria:
  El fin del mundo, vídeo realizado polo alumnado de 5º e 6º de EP

Tamén podedes acceder a nosa galería onde están os tres vídeos por se queredes descargalos.
Galería de clipmetraxes
 Esperamos que vos gusten!