miércoles, 26 de febrero de 2014
lunes, 27 de enero de 2014
NO NADAL FIXEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL
Tod@s os nen@s do colexio fixemos unha visita ao centro de día do Concello de Castrelo de Miño. Alí representamos unha obra de teatro, cantamos panxoliñas e levamos postais e agasallos para a xente maior que é usuaria deste centro de día. Podemos dicir que o PASAMOS MOI, PERO QUE MOI BEN.
¡Ollade!
¡Ollade!
martes, 14 de enero de 2014
lunes, 9 de diciembre de 2013
O CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO TIVO UNHA VISITA MOI ESPECIAL
O alumnado de 4º, 5º e 6º foi invitado á exposición itinerante "Memorias dun neno labrego", onde o seu autor Xosé Neira Vilas nos recibiu cun gran sorriso.
As nenas e nenos do colexio tamén lle tiñamos preparada unha pequena sorpresa, un rap moi moderno sobre o seu libro Memorias dun neno labrego e un pequeno poema. A Neira Vilas gustoulle moito e ata votou unha risada.
Como despedida adicounos o libro que cada un levaba e tamén dous exemplares da Biblioteca Oitopés. ¡Todo un agasallo!
lunes, 11 de noviembre de 2013
O PRIMEIRO DIA DE COLE
O primeiro día de colexio foi toda unha sorpresa.......
O comedor estaba moi bonito, pintado de cores CHULÍSIMAS.
No patio xogamos moito para que os nenos e nenas novos no colexio nos coñecesen mellor a todos.
Tamén fixemos moitos debuxos sobre as nosas vacacións de verán que tiñan que encaixar nun puzzle XIGANTE.
Ollade que ben quedou.
miércoles, 19 de junio de 2013
RECREO NO COLE
No patio de recreo do noso "cole" pasámolo moi ben xogando, pero non só xogando, senon tamén construindo.


No patio de recreo do noso "cole" pasámolo moi ben xogando, pero non só xogando, senon tamén construindo.


Ademais vemos moitos animais e observamos o que fan. Dicirvos que procuramos non mancalos nin asustalos, a estas alturas do curso que está a piques de rematar xa sabemos que DEBEMOS RESPECTAR A NATUREZA.
jueves, 2 de mayo de 2013
NO C.E.I.P DE CASTRELO DE MIÑO SOMOS UNS GAÑADORES
Felicidades a dous alumnos do noso centro por acadar un premio no concurso Deseña unha xoia para a túa nai, organizado polo Colexio de Xoiaría. E por suposto a todos os alumnos e alumnas que participaron cos seus deseños. Tamén como non, a todas as mestras e mestres que fixeron que esto fose posible.
Os premios entregáronse o martes día 30 de abril no Auditorio de Galicia, nun acto presidido por Alberto Núñez Feijóo.
¡¡Os nosos parabéns!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






































