Para celebrar o día dos dereitos do nen@, tivemos a ocasión de facelo cunha visita ao Concello de Castrelo de Miño onde actuamos coma adultos e convertémonos por uns momentos en traballadores do Concello. No salón de actos, como se fora un pleno, estivemos co alcalde e Edita, e falamos dos nosos dereitos e deberes facendo algunhas propostas. Acompañounos a TVG que gravou para o programa "Aquí Galicia" . Resultou unha experiencia moi positiva.
AQUÍ ESTAMOS LUCINDO UNHAS COROAS DE "REIS POR UN DÍA"
GRAZAS A UNICEF, O SUPERAXENTE DOS DEREITOS DA INFANCIA, FREDO FOX, VEUNOS VISITAR AO NOSO CENTRO PARA DAR A COÑECER OS NOSOS DEREITOS E RESPONSABILIDADES, PARA QUE VEXAMOS A SITUACIÓN DOUTROS NENOS E NENAS QUE NON PODEN DESFRUTALOS E PARA FOMENTAR O COMPROMISO SOLIDARIO.
Celebramos unha vez máis o magosto. Coma sempre resultou unha festa especial onde o pasamos xenial. O mellor do día é que veu de visita a Profe Maite que xa non está no colexio, e Serafín que nos axudou co lume da fogueira que fixemos. Grazas aos dous pola visita.