A aula de educación infantil do CEIP Castrelo de Miño hoxe
tivo a saída ao teatro para ver Gatuxo, unha bonita obra baseada no libro do
mesmo nome acompañada de música, pode haber mellor combinación?
Despois demos
un paseo ata a Praza Maior onde collemos o tren Chuchú que nos levou ata
Outariz; alí xogamos ao cuberto, porque coa
que estaba a caer! pero con humor e xogos dá igual onde te atopes e o tempo
que faga.
Finalmente volvemos para o cole coa gran axuda de César e Maribel,
moitas grazas por axudarnos e vir con nós!
Non te perdas a galería de imaxes deste día tan animado!
Se queres vivir ese día case case coma nós, non deixes de ver o vídeo no noso canal de Youtube.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.