Un ano máis celebramos as Letras Galegas no CEIP de Castrelo de Miño. Este ano foi adicado a Carlos Casares Mouriño. O noso alumnado puido aprender moito da súa vida e obra, tamén do motivo da celebración das Letras Galegas.
Un día inesquecible! cheo de sorpresas e tamén de premios, si, si, premios! porque no noso centro organizouse un concurso no que as mellores galiñas azuis realizadas polo noso alumnado foron premiadas. Que non sabes quen é a Galiña Azul? a máis famosa das Galiñas protagonista do xa citado autor.
Non te perdas este bonito día accedendo á galería de imaxes facendo clic na que segue.
Se o prefires, podes ver o vídeo no noso canal de Youtube.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.