Hoxe foi un día de moitas emocións no CEIP de Castrelo de Miño, e non podía ser doutro xeito! porque celebrámolo día do libro no noso centro. Houbo unha gran cantidade de actividades ao longo de todo o día.
Comezamos a mañá compartindo entre todo o alumnado os libros que cada un deles trouxo ese día ao centro. Ademais, o alumnado máis veterano explicounos porque se celebra o día do libro o 23 de abril (data orixinal da celebración que caeu en domingo este ano).
Xa pola tarde tivemos unha moi esperada visita! Carmen a nai da nosa alumna de infantil co mesmo nome acudiu ao centro para lernos unha historia do máis aterradora! "La máscara"
Despois da súa intervención o alumnado de sexto, Noa, Miguel e María interpretaron a bonita historia de "Avós"
Logo desas entretidas lecturas, tocaba pasalo en grande fóra da biblioteca pintando divertidas máscaras de lobo e marcapáxinas. Que sorte tivemos que o día nos acompañou.
Pero o día non rematou aí, aínda tivemos máis sorpresas. O noso alumnado recibiu cadanseu agasallo.
Como vedes foi un día que nunca esqueceremos, cheo de sorpresas e diversión. Non vos perdades a galería de fotos dese día, facendo clic na imaxe.
Ademais, deixamos aquí un vídeo que recolle todas as actividades que vos relatamos. Queremos agradecer especialmente a participación da nai de Carmen nun día tan especial.
Moitas grazas Carmen volve cando queiras!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.