Un ano máis chegou o día
da Paz! dende o CEIP de Castrelo de Miño celebrámolo dunha maneira
moi especial. Compartimos, de maneira dixital e a través de Skype, este marabilloso evento co CEIP Otero Novas de Cortegada.
Dende ese centro déronnos un montón de información sobre Malala, Premio Nobel da Paz do ano 2014. Nós, pola nosa parte, explicámoslle a orixe deste fermoso día e adicásmolle un bonito poema.
Para rematar, o noso alumnado elaborou
bonitas mensaxes para o dese centro, farémolas chegar a través dunha
pomba moi especial. Sabemos de boa tinta que dende ese centro tamén van achegar
algunha que outra cousiña! Así que... grazas xa por adiantado!
Podedes ver a galería de
imaxes deste día facendo clic na imaxe
Ademais, como xa é
habitual, deixamos un pequeno vídeo para que desfrutedes case tanto coma nós das actividades dese día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.