O alumnado de 4º, 5º e 6º foi invitado á exposición itinerante "Memorias dun neno labrego", onde o seu autor Xosé Neira Vilas nos recibiu cun gran sorriso.
As nenas e nenos do colexio tamén lle tiñamos preparada unha pequena sorpresa, un rap moi moderno sobre o seu libro Memorias dun neno labrego e un pequeno poema. A Neira Vilas gustoulle moito e ata votou unha risada.
Como despedida adicounos o libro que cada un levaba e tamén dous exemplares da Biblioteca Oitopés. ¡Todo un agasallo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.