O luns 30 de Maio, por fin , entregáronnos os premios do 2º concurso de Poesía do colexio . De cada curso houbo un premiado que se levou un agasallo, e para todos os que participamos un detalle moi doce.
Inés veu visitarnos. Levamos unha grande alegría.
Tarta de gominolas que trouxo Inés para todos os nenos.
Esta é a última semana da froita na escola por este ano. Volvemos degustar froitas de tempada. Como novidade instalamos unha tendiña na entrada do centro onde podíamos comprar froita e como remate tomamos un saboroso e natural batido preparado con froitas e leite coa axuda de Maribel. Riquísimo!!! LUNS
O día 20 de Maio celebramos unha xuntanza co CRA AMENCER de Ribadavia para conmemorar o día das Letras Galegas 2016. Este ano estivo adicado ao grandísimo poeta e escritor Manuel María.
Rapeamos, recitamos, bailamos, cantamos, fixemos murais, compartimos o xantar,...