Dende o CEIP Castrelo de Miño queremos desexar a toda a
comunidade educativa un Bo Nadal e un feliz Aninovo. Ademais, como non podía
ser doutro xeito, queremos compartir con todos vós o marabilloso festival que
celebramos o 21 de decembro. Podedes ver un vídeo no noso canal de Youtube e
acceder á galería das fotos. Por último, tamén agradecer ao Concello por esa magnífica contacontos que animou ao noso alumnado, grazas!
Accede á galería de fotos facendo clic na imaxe.

Aquí podedes ver o vídeo do festival de Nadal.
Queremos compartir tamén con vós o vídeo de "Lembranzas", con fotos e vídeos do curso académico 2015/2016, que se visualizou ao final do festival.
Esperamos que vos encante todo este material!
Bo Nadal e Feliz Aninovo!